Bertha Lamme Feicht
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Bertha Lamme 16 de decembro de 1869 Município de Bethel, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 20 de novembro de 1943 (73 anos) Pittsburgh, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério de Homewood (pt) |
Educación | Universidade Estatal de Ohio (–1893) Olive Branch High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira |
Empregador | Westinghouse Electric |
Familia | |
Irmáns | Benjamin Garver Lamme |
Bertha Lamme Feicht, nada en Bethel (EE UU) o 16 de decembro de 1869 e finada o 20 de novembro de 1943, foi unha enxeñeira estadounidense. En 1893, converteuse na primeira muller en recibir unha licenciatura en enxeñaría, graduándose na Universidade Estatal de Ohio.[1]. Considérase que é a primeira muller estadounidense en graduarse nunha disciplina de enxeñaría principal distinta á enxeñaría civil.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bertha Lamme naceu na granxa da súa familia na localidade de Bethel, preto de Springfield (Ohio).[3] Despois de graduarse na Olive Branch High School en 1889, seguiu os pasos do seu irmán, Benjamin G. Lamme e inscribiuse na Universidade Estatal de Ohio ese mesmo outono.[2]
Graduouse en 1893 co título de enxeñaría mecánica na especialidade eléctrica.[1][3] A súa tese de graduación titulouse "Unha análise de probas dun xerador ferroviario de Westinghouse". O xornal estudantil informou que se produciu unha ovación espontánea cando recibiu o seu diploma.
Pouco despois foi contratada pola Westinghouse[2] como a súa primeira enxeñeira.[4] Traballou alí ata que casou con Russell S. Feicht, o seu supervisor e tamén ex alumno da Universidade Estatal de Ohio, o 14 de decembro de 1905.[3]
Tivo unha filla, Florence, nada en 1910, que se converteu en física da Oficina de Minas de EE UU.[2]
Bertha Lamme Feicht morreu en Pittsburgh o 20 de novembro de 1943 e foi enterrada no Cemiterio Homewood.[2] O seu esposo Russell morreu en abril de 1949.[4]
Legado
[editar | editar a fonte]- Algúns dos seus efectos persoais, incluídos a súa regra de cálculo, regra T e o seu diploma, atópanse depositados nas coleccións do Centro de Historia Heinz de Pittsburgh.[2][3]
- A Fundacióm Educativa Westinghouse, xunto coa Sociedade de Mulleres Enxeñeiras, crearon unha bolsa na súa memoria no ano 1973.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Twelve Days: Bertha Lamme was first female engineering grad". The Ohio State University. 18 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Let's Learn From the Past: Bertha Lamme". Pittsburgh Post-Gazette. 1 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Female engineer not quite lost to history.". 30 de xuño de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 "Westinghouse Official Dies in Retirement". Pittsburgh, Pennsylvania. 23 de abril de 1949.
- ↑ Changing Our World: True Stories of Women Engineers (Google Book). Reston, Virginia: American Society of Civil Engineers. ISBN 0-7844-0841-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertha Lamme Feicht |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Layne. Women in engineering. Reston, Va.: ASCE Press. ISBN 9780784472354.